Thursday 16 de May de 2024

Ordes acollerá un taller práctico de formación en materia de riscos laborais nas explotacións de gando vacún


Os interesados e interesadas teñen de prazo ata o vindeiro día 20 para poder inscribirse

O Concello de Ordes informa sobre a impartición dun taller práctico de formación en materia de prevención de riscos laborais nas explotacións de gando vacún. Este terá lugar o martes 27 de outubro de 15 a 19 horas na Cooperativa Agraria Comarcal, situada na rúa Emilia Pardo Bazán. En total ofértanse 25 prazas ás que se poderá optar inscribíndose ata o día 20 deste mes a través do correo electrónico desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax 981897555. Para máis información pódese consultar a páxina web www.issga.xunta.es, ou ben chamar ao teléfono 981551704.

Para a realización deste taller cóntase coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar; o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), estando cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible.